Era soberbio. Unha besta de dúas toneladas e media e 8 metros de lonxitude, case tanto como un autobús, cunha enorme cabeza e dentes afiados, que se desprazaba sobre dúas patas hai uns 80 millóns de anos no ámbito costeiro pantanoso do antigo continente de Laramidia, na actualidade o oeste de América do Norte.
Os seus descubridores chamárono algo pomposamente Lythoronax Argeste, cuxa primeira palabra significa algo así como «rei do sangue» ou «rei sanguinario» e a segunda fai referencia a un vento do sudoeste citado polo poeta Homero, pola súa procedencia xeográfica. O apelativo non lle vén nada mal.
Cren que este temible tiranosauro nunca visto antes, familia do famoso T.rex, era o carnívoro máis grande do seu ecosistema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario