Se reducimos o tamaño dunha corda nun factor 10, tanto o grosor coma a lonxitude, entón a velocidade de vibración aumentará nun factor 10.
Unha corda de guitarra ten unha lonxitude de 70 centímetros e un grosor típico de medio milímetro. Se nos fixamos na terceira corda, convenientemente afinada para que soe a nota sol, vibra no primeiro modo propio a 392 hertzs.
Vexamos que acontece cunha corda do mesmo material pero cunha lonxitude e un diámetro un millón de veces menor, 700 nanómetros e medio nanómetro respectivamente. Esta corda nanométrica vibrará a unha frecuencia un millón de veces maior, é dicir, a 392 megahercios. Se fixamos un grosor un pouco maior, 2 nanómetros, entón a frecuencia de vibración superará a frecuencia de 1gigahercio (é dicir, que realiza mil millóns de oscilacións cada segundo).
O interese de fabricar guitarras nanométricas
Pódense aproveitar as propiedades de vibración das cordas nanométricas para construír sistemas que son útiles para diversos campos de aplicación. A xeito de exemplo, centrarémonos nos ámbitos de telecomunicacións e de análise clínica.
Os sinais que se transmiten por radiofrecuencia, por exemplo para telefonía móbil, oscilan a frecuencias superiores a 1 gigahercio. A telefonía móbil de cuarta xeración utiliza a banda de 2,6 gigahercios. Os sistemas de telecomunicacións (e en particular os teléfonos móbiles), dispoñen dun oscilador, que debe xerar un sinal á frecuencia de transmisión. Ata agora, este oscilador fabricouse mediante compoñentes electrónicos tradicionais e osciladores de cristal de cuarzo...ler máis.

No hay comentarios:
Publicar un comentario