SLIDER

lunes, 11 de noviembre de 2013

Fauna Cámbrica


O Cámbrico é o primeiro dos seis períodos ou series da Era Paleozoica, chamada tamén Era Primaria.
Comezou fai 542,0 ±1,0 millóns de anos, ao final do Eón Proterozoico e rematou fai uns 488,3 ±1,7 millóns de anos, para dar paso ao Ordovícico.

Neste período prodúcese unha explosión de vida, e por primeira vez no rexistro fósil distínguense organismos pluricelulares máis complexos que as esponxas ou as augamares. Entre as criaturas do período cóntanse, por exemplo:


Anomalocaris é un xénero de animais extintos, pertencente á familia dos anomalocarídidos, a cal se relaciona cos artrópodos.
Posuía trazos moi rechamantes como «brazos» armados con espiñas cos que se levaba a comida á boca, ollos compostos, cunha estimación de ata 30.000 lentes por ollo, boca en forma de anel, que non podía chegar a pechar, con fileiras de dentes para triturar a comida, lóbulos laterais que rodeaban todo o corpo, entre outros.


OPABINIA. O animal estaba segmentado e posuía un exoesqueleto non mineralizado. A lonxitude total do corpo oscilaba entre os 4 e 7 cm. 
A cabeza mostraba cinco ollos pedunculados que lle terían dado a Opabinia unha visión de 360°, e unha longa e flexible probóscide. Ao final da probóscide habería algunhas espiñas que teoricamente poderían ter servido como pas para atrapar presas, e logo arrastralas cara á boca, situada debaixo da cabeza, detrás da base da probóscide.
Cada segmento do corpo presentaba un conxunto de branquias e un par de apéndices similares a aleróns que son estraños aos demais animais coñecidos da época, agás Anomalocaris. Os tres últimos aleróns formaban a cola. A diferenza dos artrópodos coñecidos a cabeza non parece estar formada por segmentos fusionados.



Pikaia é un animal coñecido a partir dos fósiles do Cámbrico Medio, encontrado preto do monte Pika (do cal provén o seu nome) nun depósito de fósiles invertebrados que datan aproximadamente de 570 millóns de anos chamado Burgess Shale na Columbia Británica. Foi descuberto por Charles Walcott e descrito por el en 1911. Baseado na obvia e regular segmentación do corpo, Walcott clasificouno como un verme poliqueto. O seu aspecto recorda o docefalocordado actual comunmente coñecido como lanceta e quizais nadaba como unha anguía.












No hay comentarios:

Publicar un comentario