Os trilobites son unha clase de artrópodos do subfilo dos trilobitomorfos xa extintos. Son os fósiles máis característicos da era paleozoica (era primaria). Describíronse case 4.000 especies.
Apareceron no período cámbrico (ao comezo do paleozoico), e empezaron a diversificarse xa no cámbrico inferior. Tras a extinción masiva de finais do cámbrico só sobreviviron as formas que habitaban en ambientes peláxicos, de augas profundas. Durante o ordovícico alcanzaron a súa máxima diversidade e ocuparon case todos os nichos ecolóxicos mariños.
A súa presenza na Terra delongouse durante todo o paleozoico, máis de 300 millóns de anos. Os trilobites son tan abundantes e foron tan profundamente estudados, que probablemente sexan o grupo de animais fósiles máis coñecidos.
Inicialmente consideráronse antepasados dos crustáceos (en especial da cochinilla da humidade terrestre, que comparte certas características comúns) ou ata de todos os artrópodos (xa que foron os primeiros en aparecer no rexistro fósil).
Hoxe considéranse unha clase independente.
Déxivos un vídeo con fósiles atopados de Trilobites
No hay comentarios:
Publicar un comentario