SLIDER

jueves, 28 de noviembre de 2013

Que son as Varices?



As varices, tamén coñecidas como insuficiencia venosa periférica, son dilatacións das veas que, por diversas razóns, non cumpren correctamente a súa función de levar o sangue de retorno ao corazón e, polo tanto, que o sangue se acumula nelas, e dilátanse e volven tortuosas.

Habitualmente utilízase o termo varices para facer referencia ás que aparecen nas pernas, por ser as máis frecuentes, pero poden xurdir tamén noutras zonas do corpo como o esófago (varices esofáxicas), a rexión anal (hemorroides) ou nos testículos (varicocele).

A frecuencia con que aparecen depende de moitos factores, pero tendo en conta unicamente as que dan lugar a manifestacións clínicas, pódese considerar que entre un 10% e un 15% da poboación as padece, aumentando esta porcentaxe coa idade e o sexo, pois hai máis mulleres afectadas que homes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario