Topograficamente o intestino groso comeza na válvula ileocecal, no cego, que é o apéndice primitivo. O cego é intraperitoneal, así como o apéndice. O colon ascendente encóstase á parede posterior e faise secundariamente retroperitoneal.
Na base do fígado, o colon cambia de dirección no ángulo hepático do colon e faise colon transverso, que pende cunha lonxitude variable, unido á parede abdominal posterior polo mesocolon transverso.
Volve cambiar de dirección no ángulo esplénico do colon, e pasa a colon descendente, que tamén está adherido á parede abdominal posterior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario