SLIDER

miércoles, 17 de diciembre de 2014

A Teoría Celular

Podemos resumir o concepto moderno de teoría celular nos seguintes principios:

  • Todos os seres vivos están formados por células ou polos seus produtos de secreción. A célula é a unidade anatómica da materia viva, e unha célula pode ser suficiente para constituír un organismo.


  • Todas as células proceden de células preexistentes, por división destas (Omnis cellula ex cellula).

  • As funcións vitais dos organismos ocorren dentro das células, ou no seu contorno inmediato, controladas por substancias que elas segregan. Cada célula é un sistema aberto, que intercambia materia e enerxía co seu medio. Nunha célula caben todas as funcións vitais, de maneira que basta unha célula para ter un ser vivo (que será un ser vivo unicelular). Así pois, a célula é a unidade fisiolóxica da vida.

  • Cada célula contén toda a información hereditaria necesaria para o control do seu propio ciclo e do desenvolvemento e o funcionamento dun organismo da súa especie, así como para a transmisión desta información á seguinte xeración celular. Así que a célula tamén é a unidade xenética.


No hay comentarios:

Publicar un comentario