SLIDER

jueves, 11 de diciembre de 2014

Recrean no laboratorio a «faísca» que orixinou a vida na Terra


Como empezou a vida na Terra? Existen diversas teorías. Unha delas di que puido chegar nun cometa ou nun asteroide. Outra cre que o noso planeta xa reunía os «ingredientes» necesarios para darlle forma, pero que foi necesario algo externo que a espertase, como a enerxía liberada polo forte impacto dunha rocha espacial

Un equipo de científicos do Instituto Heyrovsky de Química Físicaen Praga puxo a proba esta última hipótese recreando en laboratorio o que podería ter sido a faísca orixinal da vida na Terra. Os investigadores dispararon unha mestura de arxila e sopa química cun potente láser de grande alcance para simular a enerxía que puido provocar un asteroide a gran velocidade impactando contra o planeta. 
O resultado: o que poden considerarse pezas cruciais dos compoñentes básicos da vida.

Os científicos utilizaron un láser de case 500 metros de longo que durante unha fracción de segundo disparou a sopa química cun feixe invisible, equivalente á emisión dun par de plantas de enerxía nuclear. Produciu mil millóns de quilovatios de enerxía e xerou unha calor de máis de 7.600 graos fahrenheits.

O láser provocou a aparición das catro bases químicas necesarias para facer ARN, un parente máis simple de ADN, algo así como o anteproxecto ou o deseño da vida. A partir destas bases, hai moitos pasos aínda misteriosos que deben suceder para que a vida xurda, pero este é un posible punto de partida no proceso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario