SLIDER

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Desenterran no Pireneo un colo de dinosauro de 5 metros


Investigadores do Instituto Catalán de Paleontoloxía Miquel Crusafont (ICP) e a Universidade de Zaragoza desenterraron no depósito de Orcau-1 (Lleida) un colo de titanosaurio de máis de 5 metros de lonxitude que viviu na zona hai uns 68 millóns de anos
A estrutura fabricada para sacar intacto o fósil, que os paleontólogos chaman "momia", pesaba uns 2.500 quilos. A operación de extracción e traslado foi todo un éxito a pesar das grandes dimensións e peso da peza, segundo explica o ICP nun comunicado. Os científicos esperan que este «fósil único» achegue novas informacións sobre os dinoaurios saurópodos que viviron no Pireneo antes da súa extinción.

Os restos inclúen 7-­8 vértebras da zona do colo e as primeiras costelas dun tinanosaurio que, a partir dos restos encontrados, se estima que debía medir entre 15 e 20 metros de longo
É un dos saurópodos máis grandes que se encontraron no Pireneo. No depósito próximo de Orcau-­2 identificáronse numerosas pegadas detitanosaurio, o que fai supoñer que este animal reinaba na zona no pasado.
"Este achado ten para nós un triplo interese: o científico, pois temos un esqueleto que se encontraba en conexión anatómica e que nos pode achegar unha valiosa información; a divulgativa, xa que esperamos que unha vez preparado sexa un elemento expositivo de primeira orde no Museo da Conca Dellà e, finalmente, o histórico, porque esta extracción foi a culminación duns traballos que comezaron hai case 60 anos", comentou Ángel Galobart, responsable do grupo de investigación do Mesozoico do ICP.

"Representa unha parte moi significativa dun esqueleto que nos pode achegar unha valiosa información sobre o tamaño e a bioloxía deste dinosauro", explicou Bernat Vila, investigador da Universidade de Zaragoza. 
A escavación deste fósil recibiu unha axuda da prestixiosa National Geographic Society.

No hay comentarios:

Publicar un comentario