SLIDER

martes, 9 de diciembre de 2014

Todo Einstein, a un clic


A fórmula da teoría da relatividade escrita do seu puño e letra, correspondencia con outros científicos da época, cartas aos seus esposas, ofertas de traballo ou discursos en universidades. Todo o que escribiu Albert Einstein durante a súa vida xa se encontra ao alcance de todo o mundo a tan só un clic de rato.

A Universidade de Princeton, en colaboración coa Universidade Hebrea de Xerusalén e o Instituto de Tecnoloxía de California, logrou reunir todo este arquivo bibliográfico do científico máis relevante do século XX nunha páxina web, na que se poderán consultar de xeito sinxelo todos os documentos escritos por Einstein tanto no seu idioma orixinal coma na súa tradución ao inglés. De momento, a web recolle 5.000 documentos que abranguen os primeiros 44 anos do xenio, incluíndo a concesión do Premio Nobel de Física e a súa longa viaxe ao Afastado Oriente. Non obstante, a intención é que nun prazo de dezaoito meses o fondo se complete con todos os escritos ata a súa morte.

Pica na Imaxe para acceder á web.

No hay comentarios:

Publicar un comentario