Hai entre 5,3 e 2,6 millóns de anos, a Terra experimentou por última vez un período de tempo prolongado cun clima, en media, cálida, antes de que as idades de xeo comezasen a alternar con períodos interglaciais suaves como o actual.
Investigadores da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), da Universidade de Tromsø (Noruega) e da Universidade de Plymouth(Reino Unido), estudaron a tendencia na extensión do xeo do océano Glacial Ártico durante este período, e descubriron que o casquete polar ártico no seu máximo, en inverno, non ocupou a súa extensión actual ata hai uns 2,6 millóns de anos. A extensión da cuberta de xeo no Ártico era moito menor á actual hai entre catro e cinco millóns de anos.
A investigación baseouse nos datos extraídos dos sedimentos dun pozo escavado no fondo mariño no noroeste de Spitsbergen, a illa máis grande do arquipélago de Svalbard. Perforouse grazas ao proxecto IODP (International Ocean Drilling Program) que dende hai décadas que estuda os sedimentos dos fondos mariños con fins científicos.
A partir da análise química dos restos fósiles dunhas algas microscópicas que viven no xeo, e de microorganismos da auga, os investigadores puideron seguir as variacións nas condicións ambientais ao longo do tempo e coñecer con precisión cando chegou o xeo a esa zona concreta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario