Na Terra, o metano é abundante e a maior parte do que se encontra na atmosfera procede de organismos vivos. En concreto, da acción de bacterias no tracto dixestivo de ruminantes como as vacas.
En Marte, segundo os novos datos, que se publicaron na revista Science e se presentaron na reunión da Unión Xeofísica Americana en San Francisco, California, o gas está presente na atmosfera marciana a concentracións de aproximadamente 0,7 partes por mil millóns, unhas 4.000 veces menos que na atmosfera da Terra.
Estes resultados obtivéronse despois de case dous meses de análises da química da atmosfera marciana a bordo do rover, obtidas co instrumento SAM, tempo durante o que se observaron impresionantes picos nas concentracións de metano. No seu nivel máis alto, os refachos contiñan preto de 10 veces máis metano que o fondo da atmosfera.
Con toda seguridade, non imos encontrarnos un rabaño de vacas pastando pracidamente en Marte, pero o metano tamén é un produto coñecido da vida microbiana, que podería subsistir nas entrañas do planeta. Claro que só é unha posibilidade non confirmada, xa que o metano tamén pode xurdir cando a auga altera os minerais debaixo da superficie ou por outros procesos puramente xeolóxicos, que non implican a existencia de vida.
Os científicos recoñecen que fai falta máis investigación para determinar as orixes exactas do gas. Para iso, continuarán analizando mostras de chan e sedimentos de materia orgánica recollidos polo Curiosity e buscarán patróns de metano na atmosfera coa axuda dos orbitadores de Marte.

No hay comentarios:
Publicar un comentario