martes, 9 de diciembre de 2014
Chegou o momento de que a sonda New Horizons esperte na súa viaxe a Plutón
A nave espacial New Horizons, lanzada pola NASA en 2006, debería ter espertado este pasado sábado, 6 de decembro, ás 8:00 GMT, a máis de 2.900 millóns de quilómetros da Terra. O obxectivo da sonda é o pequeno Plutón, o único «planeta», que aú non foi visitado por unha nave terrestre. Se todo sae ben, New Horizonsterá enviado xa unha mensaxe de que todo está correcto.
Dende o seu lanzamento en xaneiro de 2006, New Horizons pasou 1.873 días en hibernación -ao redor de dous terzos do seu tempo de voo- repartidos en 18 períodos de hibernación separados dende mediados de 2007 a finais de 2014. Durante o seu longo voo aos confíns do sistema solar, os operadores espertárona pouco máis de dúas veces ao ano para revisar os sistemas críticos, calibrar instrumentos, recompilar datos científicos, ensaiar actividades para o encontro con Plutón e realizar correccións de rumbo cando era necesario.
Tras a posta a punto de todos os sistemas, que lle levará en torno a cinco semanas, as observacións distantes do sistema de Plutóncomezarán o 15 de xaneiro e continuarán ata finais de xullo de 2015; co enfoque máis próximo a Plutón o 14 de xullo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario