Fabricada pola compañía privada Lockheed Martin, Orion é a primeira nave espacial deseñada para levar astronautas ao espazo profundo dende as misións Apolo dos anos 60 e 70. Chegará onde nunca o fixemos, moito máis alá da Lúa, co Planeta vermello como gran destino, o seguinte gran salto da humanidade.
Pero antes hai un longo camiño por percorrer. A distancia entre a Terra e Marte é un amplísimo campo de exploración onde os astronautas poderán poñer a proba as habilidades que necesitarán para as futuras misións marcianas. En particular, a NASA pretende converter a área arredor da Lúa no mellor lugar de adestramento, onde se poderán probar os traxes avanzados para camiñadas espaciais ou a protección dos astronautas da radiación e as temperaturas extremas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario