SLIDER

jueves, 12 de noviembre de 2015

Convivimos miles de anos con ratas xigantes


Pesaba máis de cinco kilogramos e era ata dez veces máis grande que as ratas modernas. Conviviu durante miles de anos cos nosos antepasados, que chegaron a alimentarse delas.

Un equipo de paleontólogos da Universidade Nacional de Australia (ANU) descubriu os restos fósiles de sete exemplares de rata xigante en Timor oriental. Un roedor que podía alcanzar ata dez veces o tamaño dos seus parentes actuais. Para Julien Louys, un dos directores do proxecto, estamos ante os maiores exemplares de rata descubertos ata agora. O achado foi presentado na Reunión da Sociedade de Paleontología de Vertebrados en Texas.

«Serían o que poderiamos chamar megafauna -afirma Louys-. A maior delas pesa cingo kilogramos e ten o tamaño dun can pequeno. Só para poñer a este animal na súa xusta perspectiva, baste sinalar que unha rata moderna de bo tamaño non pesa máis de medio kilogramo».

O doutor Louys asegura que o equipo do que forma parte espera facerse pronto unha idea de cando os humanos empezaron a moverse a través das illas do sueste asiático, como o fixeron e que impacto tivo ese movemento nos diversos ecosistemas. «Tratamos de atopar os primeiros registros humanos e pescudar como era a contorna antes da nosa chegada. Unha vez saibamos que é o que había antes de que os humanos aparecesen, veremos o impacto que tiveron sobre a súa contorna».

No hay comentarios:

Publicar un comentario