O paradoxo dos xemelgos é un experimento mental que analiza a distinta percepción do tempo entre dous observadores con diferentes estados de movemento. Este paradoxo foi proposta por Einstein ao desenvolver o que hoxe se coñece como a teoría da relatividade especial.
Tómase como protagonistas a dous xemelgos (de aí o nome); o primeiro deles fai unha longa viaxe a unha estrela nunha nave espacial a velocidades próximas á velocidade da luz; o outro xemelgo queda na Terra. Á volta, o xemelgo viaxeiro é máis novo que o xemelgo terrestre.
De acordo coa teoría especial da relatividade, e segundo a súa predición da dilatación do tempo, o xemelgo que queda na Terra envellecerá máis que o xemelgo que viaxa polo espazo a gran velocidade (máis adiante próbase isto mediante cálculo) porque o tempo propio do xemelgo da nave espacial vai máis lento que o tempo do que permanece na Terra e, por tanto, o da Terra envellece máis rápido que o seu irmán.
Pero o paradoxo xorde cando se fai a seguinte observación: visto desde a perspectiva do xemelgo que vai dentro da nave, o que se está afastando, en realidade, é o xemelgo na Terra (de acordo coa Invariancia galileana) e, por tanto, cabería esperar que, de acordo cos cálculos deste xemelgo, o seu irmán na Terra fose quen tería que envellecer menos por moverse respecto del a velocidades próximas á da luz. Isto é, o xemelgo da nave é quen tería que envellecer máis rápido.
A Einstein custoulle aclarar este paradoxo uns cuantos anos, ata que formulou a relatividade xeral e demostrou que, certamente, é o xemelgo da Terra quen envellece máis rápido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario