SLIDER

viernes, 20 de noviembre de 2015

Fabrican as primeiras cordas vocais de laboratorio


Un equipo da Universidade de Wisconsin-Madison (EE.UU.) lograron cultivar nun laboratorio o tecido que forma as cordas vocais, un gran paso cara á restauración da voz nas persoas que as perderon. Ademais, tal e como detallan nun artigo que se publica en «Science Translational Medicine», as cordas vocais fabricadas eran capaces de transmitir o son.

A voz, explica Nathan Welham, «xérase por un sistema biolóxico complexo e fermoso». Afirma este investigador que as situacións nas que a mucosa das cordas vocais está danada, ou non existe, son irreparables coa tecnoloxía actual. A mellor opción, engade, é substituílas, e «iso é xusto o que decidimos facer». 
Pero o tecido de substitución ideal tería que satisfacer moitos requisitos: «debe ser suave e o suficientemente flexible para axustarse ás vibracións das correntes de aire e propagar unha onda a través da súa superficie (similar a unha onda de movemento a través da auga), pero tamén o suficientemente forte para soportar unha rápida aceleración e desaceleración, así como a tensión do impacto repetido -durante a vibración a velocidades máis aló de 1000 ciclos por segundo-. 
Ningún outro tecido no corpo humano está suxeito a estas esixencias biomecánicas». É un sistema exquisito e moi difícil de replicar, conclúe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario