SLIDER

viernes, 13 de noviembre de 2015

As nubes-ovni que intrigaron a Sudáfrica


As nubes lenticulares chámanse así pola súa forma de lentella ou de lente converxente. Normalmente fórmanse polas correntes de aire sobre as montañas.

Cando isto ocorre, unha serie de ondas estacionarias de gran tamaño pódense formar no lado de sotavento da montaña. Si a temperatura na crista da onda cae ata o punto de rocío, a humidade no aire pode condensarse para formar nubes lenticulares. A medida que o aire húmido móvese cara abaixo no seo da onda, a nube vaise convertendo de novo en vapor. Así, as nubes lenticulares poden aparecer e desaparecer relativamente rápido.

National Geographic confirmou que estas nubes eran estratocúmulos lenticulares, debido á súa altura e forma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario