SLIDER

domingo, 12 de enero de 2014

A Xunta regula a recollida de cogomelos


Na primeira reunión do ano, a Xunta modificou (entre outros acordos) o decreto de aproveitamentos forestais, un sector que segundo o presidente factura 1.700 millóns de euros ao ano con 3.000 empresas que empregan 20.000 traballadores.


A futura norma establece o dereito dos propietarios dos montes a restrinxir a recolección en parcelas sempre que o comunique á Consellería de Medio Rural e sinalice os terreos vedados. A cantidade máxima que se permite recoller para o consumo privado (que non precisa de autorización administrativa) é de dous quilos por persoa e día, sempre que non se trate de plantacións particulares. A recollida para o consumo propio ou con fins científicos ou didácticos poderá efectuarse sen necesidade de autorización do propietario e sempre fóra da superficie acoutada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario