SLIDER

domingo, 12 de enero de 2014

Feng Zhang, o mago do ADN que copiou ás bacterias


Feng Zhang, un mozo científico de só 32 anos do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en Cambridge (EUA), é responsable, xunto a outra serie de investigadores, dun dos descubrimentos máis importantes no campo da biomedicina de 2013. O equipo de Zhang desenvolveu un sistema denominado CRISPR para editar xenomas de forma máis barata, doada e precisa, e fíxoo imitando un mecanismo que utilizan as bacterias para protexerse a si mesmas dos virus e fortalecerse. En xaneiro, o grupo comprobou que o sistema funciona en células eucarióticas, o que confirmou o seu potencial para modificar os xenomas de ratos, ratas e primates e mesmo para axudar á investigación de enfermidades humanas.

CRISPR son secuencias de ADN que moitas bacterias e arqueas utilizan para defenderse a si mesmas, unha especie de sistema inmune que, ao mesmo tempo, lles permite evadir o dos mamíferos e infectalos.

Zheng cre que o uso desta técnica pode ter moitas posibilidades médicas, pero está especialmente interesado no desenvolvemento de tratamentos de males neuropsiquiátricos como a enfermidade deHuntington e a esquizofrenia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario