SLIDER

miércoles, 8 de enero de 2014

Por que vai tanto frío en EUA?


Todas as miradas seguen cravadas nos termómetros. Entre 15 e 18 graos baixo cero nos Estados de Pennsylvania, Nova York e Nova Jersey; -22° na cidade de Chicago (Illinois) e -16° na capital, Washington. A onda de frío polar que afecta á metade de Estados Unidos bateu récords de temperaturas en numerosas rexións, sen perdoar a cidades do sur como Atlanta (Xeorxia) ou Birmingham(Alabama) onde se esperaban máximas de 6 graos baixo cero.

Detroit, afeita ao frío como poucas cidades do país, amencía este martes con -25 graos, unha temperatura descrita polas autoridades como "perigosamente baixa". Un dos efectos máis agresivos deste fenómeno é o vento xeado que tomou o relevo ás tormentas de neve do pasado fin de semana. O aire deixa unha sensación térmica moi por debaixo do que marcan os termómetros. Cando os indicadores da capital mostraban 15 graos baixo cero ás oito da mañá, hora local, o vento mordía a pel a -25°. Nalgunhas zonas deMinnesota, os 30 graos baixo cero do termómetro eran desafiados polos -60° que arrastraba o vento.


A causa da potente onda de frío acompañada de moi fortes ventos que azouta nestes días aos Estados do centro e norte de EUA é o "vórtice polar", que se podería definir como un ciclón persistente situado preto dun dos polos xeográficos da Terra.

O vórtice Ártico ten forma alongada, con dous centros, un normalmente preto da illa de Baffin (en Canadá) e o outro no nordés de Siberia. No, o aire circula con moita forza.

A forma e posición do devandito ciclón orixina o patrón de fluxo no hemisferio da súa influencia. En ocasións raras ese patrón modifícase de forma tal que o vórtice proxecta de forma extraordinaria o seu efecto máis cara ao sur.

No hay comentarios:

Publicar un comentario