SLIDER

martes, 14 de enero de 2014

O dedo de xeo mortal

O fenómeno do dedo de xeo foi gravado na Antártida polo equipo do documental Frozen Planet, a cargo de David Attenborough
A temperatura do aire sobre a capa de xeo da superficie pode ser inferior a -20°C, e a da auga é de -2°C. A calor sobe dende o mar e ao tocar o aire máis frío, crea novo xeo dende o fondo. 
O sal do novo xeo concéntrase e crea cúmulos de auga con moito sal, que é máis densa que o resto da auga, co que se empeza a afundir creando tubos que se van conxelando ao ir chocando coa auga máis fría do fondo e que matan todo o que van tocando ao seu paso, como podemos observar no vídeo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario