SLIDER

martes, 14 de enero de 2014

Converten algas en petróleo cru en só unha hora


Un grupo de investigadores estadounidenses realizou un grande avance en materia de biocombustibles ao mellorar o proceso químico que permite producir petróleo cru a partir de algas sen ter que esperar millóns de anos. Co novo método lógrase unha conversión máis barata, non contaminante e en cuestión dunha hora, aínda que o seu custo continúa sendo relativamente elevado e obstaculizando a súa fabricación a grande escala.

O innovador proxecto levado a cabo polo Laboratorio Nacional do Noroeste do Pacífico, en EUA, atraeu a atención dalgunhas empresas de enerxía renovable, xa que logrou abaratar sobremaneraos custos de produción ao empregar unha masa de algas molladas, cun 80% ou 90% de auga, en lugar do tradicional e custoso proceso de secado de algas. Os investigadores verteron o devandito preparado de algas nun reactor químico e obtiveron petróleo cru, gas, auga e biomaterial en só 60 minutos. O cru debe someterse posteriormente ao proceso de refinación convencional para converterse en petróleo útil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario