Trátase do «colar de Newton», en realidade unha sinxela e vulgar cadea de boliñas como a que suxeita o tapón do sumidoiro do lavabo, que parece saltar cara a arriba como o chorro dunha fonte e levitar no aire.
Como pode acontecer? O divulgador científico da BBC Steve Mouldfilmou no seu día o experimento -que, por certo, calquera pode realizar na súa propia casa- cunha cadea de 50 metros metida nun recipiente de cristal. Segundo explicaba, a cadea, que ten que sortear o bordo do vaso antes de empezar a caer, móvese tan rapidamente non pode cambiar de dirección ao instante, así que lle leva un tempo facelo e produce ese curioso xiro no aire.

No hay comentarios:
Publicar un comentario