SLIDER

domingo, 12 de enero de 2014

O ecosistema das algas xigantes

Os bosques de kelp son ecosistemas costeiros formados principalmente por un gran número de algas pardas da orde das Laminariales, aínda que pode haber tamén outras especies de menor talle e número de algas vermellas e verdes que forman o sotobosque.

As especies de algas pardas que compoñen estes ecosistemas poden medir dende uns poucos metros ata alcanzar os 50 metros ou máis de longo, e moitas veces o límite pono a superficie do mar, onde poden acumularse e formar enormes illas flotantes de algas mariñas. Aínda que son máis comúns en profundidades de poucas decenas de metros, determinadas especies do kelp poden crecer ata os 200 metros de profundidade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario