SLIDER

viernes, 24 de enero de 2014

O fonendoscopio que non colga do colo



Un sistema desenvolvido en Vigo permitirá medir a distancia e sen cables as constantes vitais dun paciente.

O fonendoscopio, ferramenta tan sinxela como fundamental e ata simbólica para o colectivo médico, está chamado a modernizarse. 

O seu principal competidor responde ás siglas MUWB (Monitor de UltraWide Band), está en fase de desenvolvemento e chega coas mellores intencións respecto ao seu predecesor. "Non pretendemos que o fonendoscopio caia en desgraza, senón que se lle some nova tecnoloxía para desempeñar mellor e con maior eficacia a súa actividade profesional".

Quen así fala é Jorge Munir El Malek, responsable dun monitor xa en fase experimental que permitirá medir a distancia e sen cables as constantes vitais dun paciente. "A súa aplicación é total no ámbito hospitalario. O seu potencial radica en múltiples vantaxes, dende as máis evidentes, como a comodidade do paciente, ás máis sutís, como o seu uso en unidades de queimados ou en recén nacidos, para os que o cableado é algo máis que unha molestia e mesmo un risco".

No hay comentarios:

Publicar un comentario