SLIDER

martes, 3 de febrero de 2015

Achan un anaco de codia marciana na Terra


NWA 7034 non é unha rocha como as demais. Foi achada hai algúns anos no deserto marroquí e está claro que non procede da Terra. 
Posúe unha extraordinaria antigüidade (4.400 millóns de anos) e procede directamente de Marte. Pero non só iso. 

Unha nova análise revela que "Black Beauty" ("Beleza Negra", tal e como foi bautizada polos científicos), formou parte das vastas chairas de codia marciana que afloran entre a area e que forman unha gran parte do chan marciano.
Cando os investigadores comezaron a estudar o meteorito en 2011, decatáronse deseguida de que se trataba de algo moi especial. A súa "maquillaxe química", en efecto, confirmou de inmediato que se trataba dun "naufrago" procedente de Marte, pero a pesar diso era completamente diferente do resto dos meteoritos marcianos achados na Terra ata ese momento.
Que as rochas como Black Beauty abunden en Marte é algo que, á luz do que sabemos sobre o planeta, ten moito sentido. "Marte está furado por máis de 400.000 cráteres maiores dun km. -escriben os científicos no seu artigo-. E dado que as brechas son unha consecuencia natural dos impactos, podemos estar seguros de que materiais similares a NWA 7034 se foron acumulando en grandes cantidades en Marte ao longo do tempo".

Noutras palabras, a maior parte das rochas da superficie de Marte probablemente se parecen moito a Black Beauty: "escuras, confusas e belas".

No hay comentarios:

Publicar un comentario