miércoles, 4 de febrero de 2015
Garagapp, a aplicación móbil galega para abrir e pechar garaxes
Galicia súmase ás novas tendencias móbiles coa presentación de Garagapp, unha app para abrir e pechar garaxes sen necesidade de mando a distancia e utilizando simplemente o teléfono móbil.
Para usar Garagapp hai que instalar un receptor ó carón da porta que simula un mando do garaxe e introdúcese unha clave na aplicación, á que se pode mesmo asociar máis dunha porta automática: a de casa, a da oficina… Logo, só hai que conectar o smartphone co aparello receptor por 3G ou bluetooth e premer o botón para abrir ou pechar a porta. Deste xeito, e nun só móbil, podemos ter varios mandos para varias portas. Ademais, o invento utiliza un sistema encriptado de comunicacións para previr posibles pirateos da aplicación.
Garagapp foi desenvolvida para Android eiOS pola empresa viguesa de tecnoloxía e enxeñería Possible Inc. A app está destinada tanto a particulares como a empresas ou comunidades de veciños e xa foi usada por 200 usuarios en Vigo en probas piloto.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario