SLIDER

lunes, 23 de febrero de 2015

Un terremoto con epicentro en Albacete sacode o centro de España

Un terremoto con epicentro en Ossa de Montiel, provincia de Albacete, sacudiu o centro de España este luns. 
O tremor tivo lugar ás 17.16 (hora peninsular española) e notouse en varias provincias, segundo confirmaron no Instituto Xeográfico Nacional (IGN). O sismo tivo unha magnitude de 5,2 na escala Richter, con datos do IGN, que sinala que foi un terremoto de magnitude "moderado-forte".

A orixe do tremor estivo situada a uns 10 quilómetros de profundidade, segundo fontes do Instituto Xeográfico Nacional. En concreto, a latitude foi 39.04 graos norte e a lonxitude 2.65 graos oeste. Minutos despois, ás 17.27 (hora peninsular española) rexistrouse unha réplica de 2,5 a 19 quilómetros de profundidade. Aproximadamente unha hora despois detectouse outra, neste caso de 3,1 na escala Richter, e o seu epicentro localizouse moi preto do primeiro.

Ver a noticia, pica aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario