Na actualidade a maioría dos produtos que se comercializan na industria cosmética e farmaceútica, incluíndo medicamentos, conteñen na súa composición deterxentes sintetizados quimicamente, que tamén son empregados en moitos casos en actividades cotiáns de limpeza.
Isto podería mudar de conseguirse produtos máis naturais e biocompatibles e esta é, precisamente, unha das liñas de traballo dos investigadores do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo, onde leva a cabo o seu labor a investigadora Xanel Vecino, autora dunha tese de doutoramento que aposta polo aproveitamento e revalorización de residuos da industria vitivinícola e tamén de procesado do millo para a obtención de produtos de interese industrial como son os biosurfactantes, deterxentes naturais susceptibles de ser aplicados en farmacia e cosmética, e os bioadsorbentes, de elevada utilidade no tratamento das augas residuais...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario