SLIDER

jueves, 26 de febrero de 2015

Un «monstro» espacial nas orixes do Universo

Ten unha masa equivalente a 12.000 millóns de soles e a súa propia existencia supón un desafío para a Ciencia. Trátase dun burato negro supermasivo que se formou cando o Universo apenas tiña 875 millóns de anos.

Todas e cada unha das galaxias grandes que vemos hoxe a noso arredor albergan nos seus centros un burato negro supermasivo. Os científicos pensan que todos eses grandes buratos negros se formaron cando o Universo era aínda moi novo, e que ao principio as súas masas eran pequenas, entre 100 e 100.000 veces a do noso Sol. Co paso dos miles de millóns de anos dende a súa afastada formación ata a actualidade, non obstante, algúns deles lograron crecer ata alcanzar tamaños xigantescos, mesmo de miles de millóns de masas solares, a base de «devorar» materia dos seus arredores ou de fusionarse con outros buratos negros.

Por iso, os buratos negros máis grandes que se viron, con masas superiores aos 10.000 millóns de soles encóntranse, no Universo máis próximo (a porción de Universona que nós nos encontramos) e recente. Para decatarse da magnitude deses auténticos «monstros espaciais» abonde pensar que o burato negro que dorme no centro da nosa propia galaxia, a Vía Láctea, «só» ten entre 4 e 5 millóns de veces a masa do Sol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario