SLIDER

domingo, 15 de febrero de 2015

Descobren un «núcleo dentro do núcleo» da Terra


Un grupo de xeólogos das universidades de Illinois, en Estados Unidos, e de Nanjing, en China, acaba de anunciar en Nature Geosciences o descubrimento dun segundo núcleo terrestre. O, máis exactamente, dun núcleo dentro do núcleo do noso planeta.

O sorprendente achado foi posible grazas a unha nova tecnoloxía de interpretación e lectura de ondas sísmicas, que permitiu aos investigadores afondar ata o centro mesmo da Terra.

"O feito de que existan dúas rexións que se distinguen tan claramente -explica Song- pode estar dicíndonos algo sobre como está a evolucionar o núcleo interno do noso planeta. 
Por exemplo, ao longo da historia do planeta, o núcleo interno podería ter tido efectos dramáticos no réxime de deformación terrestre. E esa podería ser a clave para descifrar a evolución do noso mundo. 
Agora estamos xusto no centro, literalmente, no centro da Terra".

No hay comentarios:

Publicar un comentario