O Museo da evolución humana, tamén coñecido polas súas siglas MEH, está situado na cidade española de Burgos e foi deseñado polo arquitecto Juan Navarro Baldeweg.
Forma parte da rede de museos rexionais de Castela e León, xunto cos museos da siderurxia e a minaría, de arte contemporánea e etnográfica.
Dende a súa inauguración o 13 de xullo de 2010, e ata o día 8 de xullo de 2011, o museo recibiu un total de 279 000 visitantes, converténdose así no museo máis visitado de Castela e León, e achegándose ao 10º museo máis visitado de España.
Constitúe a peza central do Complexo da Evolución Humana. Arquitectonicamente, o museo recibiu máis de 40 premios nacionais e internacionales.
Déixovos a súa ligazón: PICA AQUÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario