SLIDER

miércoles, 11 de febrero de 2015

O sexto sentido do ser humano, o magnético


O sensor é tan lixeiro que flota nunha burbulla de xabón


Os seres humanos son incapaces de percibir campos magnéticos de forma natural, un sentido que si teñen bacterias, insectos e mesmo vertebrados como as aves e as quenllas, que utilizan para orientarse. 

Agora, a ciencia pode dotarnos de algo que a natureza nos negou. Científicos alemáns e xaponeses desenvolveron unha nova pel electrónica, un diminuto sensor resistente e suficientemente flexible que se adapta á pel humana, mesmo á palma da man, e que permite ao seu portador percibir a presenza de campos magnéticos estáticos ou dinámicos, coma se tivese un «sexto sentido»
Case digno dun superheroe clásico.

Os novos sensores magnéticos son incriblemente resistentes. Soportan unha flexión extrema con radios de menos de tres micrómetros, e sobreviven engurrados como un anaco de papel sen sacrificar o seu rendemento, segundo explican os seus creadores nun comunicado.

«Creamos unha plataforma de interacción home-máquina sobre a pel sen contacto, aplicable a robots brandos ou implantes médicos funcionais, así como a unha electrónica da pel con funcionalidades magnéticas», afirman os investigadores. «Estes sensores magnéticos ultrafinos con extraordinaria robustez mecánica son ideais para ser portátiles, discretos e imperceptibles para tarefas de orientación e manipulación»

No hay comentarios:

Publicar un comentario