SLIDER

sábado, 31 de octubre de 2015

A Axencia Espacial Europea confirma a chegada dun gran asteroide a tarde de Halloween


Un asteroide do tamaño de catro campos de fútbol pasará moi preto da Terra durante a tarde do 31 de outubro (o día de Halloween), segundo confirmou a Axencia Espacial Europea (ESA). E aínda que non supón ningún perigo para o noso planeta, é a demostración paplpable de que son necesarios máis esforzos para localizar rocas espaciais potencialmente perigosas.

O obxecto, que recibiu a denominación de 2015 TB145, ten uns 400 metros de longo e pasará a 480.000 km. da Terra. É dicir, a unha distancia superior á que nos separa da Lúa. A pesar diso, moi poucas veces pasa tan preto un obxecto deste tamaño, e cunha masa suficiente como para destruír toda unha cidade se caese nunha zona poboada.

Con todo, e a pesar de que esta vez non corremos ningún perigo, a ESA subliña o feito de que o asteroide foi descuberto o pasado 10 de outubro, é dicir, a só 21 días do momento de máxima aproximación. Se a súa traxectoria fose lixeiramente diferente, só teriamos ese tempo para prepararnos para o impacto. Apenas doce horas despois do primeiro avistamento, que levou a cabo en Hawaii, a Axencia Espacial Europea confirmou a presenza e a traxectoria do asteroide desde o observatorio de Tenerife

No hay comentarios:

Publicar un comentario