viernes, 9 de octubre de 2015
Nobel de Química 2015
O Premio Nobel de Química 2015 foi concedido ás investigadores Tomas Lindahl, de Suecia, Paul Modrich, de Estados Unidos, e Aziz Sancar, de Turquía, por haber mapeado e explicado como as células reparan o ADN e protexen a información xenética.
O anuncio foi feito este mércores polo Instituto Karolinska, en Estocolmo.
Segundo o comité, o traballo dos laureados "brindou información fundamental de como funciona unha célula viva". Este coñecemento, por exemplo, engadiu o comité, "utilízase para o desenvolvemento de novos tratamentos contra o cancro".
Os gañadores recibirán o premio nunha cerimonia o 10 de decembro.
O ano pasado, o galardón foi para o alemán Stefan Hell e os estadounidenses Eric Betzig e William Moerner por achar unha forma de facer os microscopios máis poderosos do que se cría posible.
Só catro mulleres recibiron o Nobel de química desde que comezou a premiación en 1901: Marie Curie en 1911 polo descubrimento do radio e o polonio, Irene Joliot-Curie (filla de Marie) en 1935 pola síntese de novos elementos radioactivos, Dorothy Hodgkin en 1964 polo uso de raios X para entender as estruturas bioquímicas e Ada Yonath en 2009 polo seu traballo sobre o ribosoma.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario