SLIDER

martes, 13 de octubre de 2015

O núcleo interno da Terra formouse fai máis de mil millóns de anos


O momento en que se formou o núcleo interno da Terra é obxecto dun animado debate entre os científicos e agora un estudo sitúao nun arco temporal de fai 1.000 a 1.500 millóns de anos.

A capa máis profunda da Terra é unha bóla de ferro sólido algo máis grande que Plutón que está rodeada por un núcleo externo líquido, cuxa formación se produciu entre 500 millóns e 2.000 millóns de anos atrás, pero os científicos non chegan a un acordo máis preciso.

Expertos das universidades de Liverpool (Reino Unido), Helsinqui e San Diego (Estados Unidos) analizaron datos magnéticos de antigas pedras incandescentes e descubriron que fai 1.000 ou 1.500 millóns de anos produciuse un marcado aumento da forza do campo magnético da Terra, segundo un estudo publicado hoxe mércores en Nature.

Ademais «apuntan a un taxa medida de crecemento do núcleo sólido dun milímetro por ano, o que afecta á nosa comprensión do campo magnético terrestre», agregou o experto.

O campo magnético da Terra xérase polo movemento do ferro líquido presente no núcleo exterior, que se sitúa a uns 3.000 quilómetros de profundidade baixo a cortiza terrestre. Eses movementos prodúcense porque o núcleo está a perder calor.

Biggin indicou que «o modelo teórico que mellor encaixa cos nosos datos indica que o núcleo está a perder calor máis lentamente que en calquera momento anterior nos últimos 4.500 millóns de anos e que ese fluxo de enerxía debería manter o campo magnético da Terra durante outros mil millóns de anos ou máis».

O experto destacou que esta situación contrasta coa situación en Marte, «que tivo un forte campo magnético ao comezo da súa historia, pero que parece que se extinguiu despois de 500 millóns de anos».

No hay comentarios:

Publicar un comentario