A industria aeronáutica está entre as máis esixentes para os enxeñeiros. Mentres que os deseños son postos a proba unha e outra vez, en ocasións os materiais han de soportar enormes esforzos e á vez ser lixeiros. E se é posible tamén teñen que resultar baratos.
Con esta idea en mente, o fabricante Boeing desenvolveu recentemente o «micro-enrejado», unha sofisticada rede tridimensional composta nun 99,99 % de aire, que se comporta, segundo asegura o desarollador, como «un dos metais máis lixeiros e resistentes coñecidos pola ciencia».
Esta estrutura está formada por un polímero tridimensional de pequenos tubos ocos que se cruzan entre si para adquirir resistencia. Así, á vez que o conxunto resulta lixeiro, tamén resulta resistente: «é parecido á estrutura esponjosa do óso. Por fóra é ríxida, pero por dentro está principalmente oca», explica Boeing nun vídeo provocional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario