SLIDER

domingo, 18 de octubre de 2015

Científicos españois atopan o polo norte do Sol


De forma recente, un equipo de investigadores españois confirmou que os polos magnéticos do Sol están desviados en comparación co que se pensaba ata agora e publicaron os seus achados na revista «Monthly Notices of the Royal Astronomical Society».

«Ata agora críase que o Sol era unha estrela común cunha peculiaridade: que os seus eixos magnético e xeográfico estaban aliñados, (isto quere dicir que os polos coinciden), mentres que no resto das estrelas que se parecen ao Sol xa se sabía que non ocorre así. Pero agora, pescudamos que o Sol é como o resto de estrelas», explica María Jesús Martínez, investigadora do Instituto de Astrofísico de Canarias e coautora do estudo.

Máis aló da mera curiosidade, este coñecemento pode ter implicacións directas. Unha vez que se detectou a posición» dos polos magnéticos, pódese entender mellor que dirección tomará o vento solar, ese poderoso fluxo de enerxía que chega á Terra e que é freado polo escudo do campo magnético terrestre. Ou mesmo, pódese chegar a entender mellor a evolución das «execcións de masa coronal», unhas repentinas sacudidas de materia e radiación que poden impactar sobre o noso planeta e xerar auroras boreales, mesmo apagamentos nas redes eléctricas ou problemas nos satélites de comunicacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario