SLIDER

sábado, 10 de octubre de 2015

O «Curiosity» descobre antigos deltas e lagos en Marte



Novos datos do «Curiosity» publicados en «Science» revelan que o cráter Gale, por onde o rover transita desde o ano 2012 en busca de signos de habitabilidade, foi unha vez un vasto complexo de deltas e lagos, que dominaban por completo a paisaxe. 
A diferenza doutros estudos sobre a mesma rexión e que tiveron que ser realizados a distancia, os datos sobre o terreo do «Curiosity» permitiron aos investigadores probar directamente a hipótese de que os cráteres de impactos grandes, como o Gale, foron capaces de acumular e almacenar auga durante longos períodos de tempo.

A zona que actualmente percorre o Curiosity tardaría entre 10.000 e dez millóns de anos en acumularse, o cal suxire que estes lagos transitorios foron xurdindo e desaparecendo ao longo do tempo a partir dun nivel freático común.

Por último, as evidencias suxiren que, co paso do tempo, a erosión causada polo vento foi desprazando os depósitos de sedimentos do cráter ata formar o Monte Sharp, que hoxe se eleva sobre o cráter Gale ata unha altura de 5.500 metros.




Os novos datos proporcionan unha visión sen precedentes dos patróns que seguiu a auga en Marte no pasado, así como das súas consecuencias para o clima e a habitabilidade do planeta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario