lunes, 1 de junio de 2015
A próxima revolución científica: modificar xenes coma se fosen palabras
O premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica concedeuse onte a dúas investigadoras que puxeron a punto unha técnica capaz de revolucionar a Bioloxía e a Biomedicina en cuestión de poucos anos. E é que as premiadas, a bioquímica francesa Emmanuelle Charpentier e a bióloga molecular estadounidense Jennifer Doudna, publicaron en 2012 un artigo na revista «Science» no que sentaban as bases dunha metodoloxía de editado de ADN que permite modificar o xenoma de case calquera organismo dunha forma sinxela, barata e precisa. A técnica chámase CRISPR-Cas.
Nos tres anos que transcorreron dende entón, as investigacións na materia multiplicáronse ata o punto de que as opcións parecen estar limitadas só pola imaxinación: «Como revolución, creo que non houbo outra parecida. Xa había ferramentas para facer cousas similares, pero a diferenza fundamental é que este sistema é barato, doado de usar e extremadamente eficaz. Tanto que dá medo», explicou a ABC Francisco Juan Martínez Mójica, microbiólogo na Universidade de Alicante e investigador fundamental no descubrimento de CRISPR-Cas. «As posibilidades que ofrece son bestiais. Pódese modificar case calquera xenoma como ti queiras».
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario