SLIDER

sábado, 27 de junio de 2015

O «cangrexo Yeti» xa ten nome científico: «Kiwa tyleri»



Unha das especies máis singulares, que se descubriron nos últimos anos, o cangrexo de peito peludo denominado «Hoff», en honor ao actor David Hasselhoff, acaba de recibir o seu nome científico oficial: «Kiwa tyleri». 
Todo iso tras ser estudado por un grupo de científicos británicos, entre os que destaca o biólogo polar e profesor Paul Tyler da Univerisdade de Southampton.

Este tipo de cangrexos habita no Mar de Escocia (coñecido tamén como o Mar da Antillas do Sur) situado ao sur do Océano Atlántico moi próximo ao lado arxentino da Antártida. En concreto, o «Kiwatyleri» pertence a un grupo enigmático de cangrexos que habitan nas augas cálidas que rodean os respiradoiros hidrotermais, en en moi altas densidades, a razón de 700 individuos por metro cadrado.

O tamén coñecido como «Cangrexo Yeti» é famoso porque o seu corpo está dénsamente cuberto por pelo- coñecida como «setas»- e de bacterias, que lle dan a aparencia que o fixo famoso. Esta permítelle obter a densa alfombra de bacterias, a cal crece sobre a superficie dos condutos das chemineas. O que o fai totalmente dependente desta clase de bacterias quimiosintéticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario