Os máis pesimistas dábano por perdido. E é que o módulo Philae, o primeiro enxeño humano deseñado para pousarse nun cometa, tivo o pasado 12 de novembro unha aterraxe máis accidentada do previsto. En efecto, tras desprenderse de Rosetta, que segue voando en paralelo ao 67 P Churyumov Gerasimenko a medida que este se achega ao sol, Philae non puido agarrarse como estaba previsto á súa accidentada superficie.
Varios dos seus sistemas de ancoraxe fallaron e o módulo, duns cen quilogramos de peso, rebotou varias veces ata deterse nun punto descoñecido e polo menos a un quilómetro do lugar elixido para a aterraxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario