SLIDER

jueves, 25 de junio de 2015

Explorar o universo dende o sofá: novo portal para ver as fotografías da NASA



A NASA lanzou un novo portal de imaxes en colaboración coa axencia Luna Imaging. A través da nova web ofrécense máis de 138.000 documentos da biblioteca da axencia espacial estadounidense. 

O PORTAL nasaimages.lunaimaging.com permite navegar polo espazo a través de fotos de satélite, recordar misións pasadas ou mirar co «ollo» do telescopio espacial «Hubble». Pero non só, e é que tamén SE PODEN contemplar fotos de grandes incendios captadas dende o espazo.

O portal ofrece máis de 70 coleccións de imaxes entre as que se encontran as misións Apolo, vistas do universo e capturas dende voos experimentais.

Como un bo artigo xornalístico, o novo sitio web da NASA responde ás preguntas de que? onde? quen? y cando? para catalogar as imaxes que ofrecen no novo portal.

A través de varios paneis -en inglés- a axencia ofrece a posibilidade tanto de visualizar as fotos como buscalas de forma concreta. Ademais, as fotografías pódense compartir a través das redes sociais, DESCARGAR ou comprar unha edición imprimida.

Todas as imaxes conteñen a información da data e lugar no que foron tomadas así como unha breve descrición polo que PODEN ser de grande axuda como material educativo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario