SLIDER

domingo, 14 de junio de 2015

Fabrican un ordenador que traballa con gotas de auga


O ordenador leva case unha década en fabricación, resultado dunha idea, que tivo o hoxe profesor de Bioinxeniería Manu Prakash, cando era un estudante de posgrao.

O traballo combina a súa experiencia na manipulación da dinámica de fluídos de gotas cun elemento fundamental da informática: un reloxo en funcionamento. "Neste traballo, finalmente demostramos unha lóxica e control universal e sincronizado da gota", dixo Prakash.

"Xa temos ordenadores dixitais para procesar a información. O noso obxectivo non é competir cos ordenadores electrónicos ou para operar os procesadores de texto", dixo Prakash nun comunicado da Universidade de Stanford.

"O noso obxectivo é construír unha clase completamente nova de equipos que precisamente poidan controlar e manipular a materia física. Imaxínese se ao executar unha serie de cálculos non só a información se procesa, senón que a materia física é algoritmicamente manipulada tamén. Pois fixemos isto posible namesoescala ".

No hay comentarios:

Publicar un comentario