SLIDER

martes, 23 de junio de 2015

Os catalizadores dos coches disparan o platino en organismos mariños


O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) está estudando dende Galicia a relación entre o incremento de micropartículas de platino no medio e o seu contido en organismos mariños. 
Un primeiro estudo, que ven de ser publicado na revista Science of the Total Environment, revela que o incremento das emisións antropoxénicas de platino (Pt), fundamentalmente pola súa utilización nos catalizadores dos automóbiles, derivou nun aumento significativo do contido do devandito metal nalgúns organismos mariños. En concreto, na actualidade as súas concentracións son en torno ao dobre das obtidas nos anos previos á introdución dos catalizadores, a finalis da década dos noventa.

A investigación enmárcase dende que hai máis de 20 anos realiza o CSIC en Galicia en torno á bioxeoquímica mariña, neste caso para indagar o impacto do incremento de platino en organismos mariños. 
Estes estudos, que se iniciaron hai cinco anos e sobre os que se están a publicar os primeiros resultados en revistas científicas de impacto, acábanse de ver fortalecidos coa coordinación, por parte do Grupo de Bioxeoquímica Mariña do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), con sede en Vigo, da Acción COST “Network on technology- critical elements: from environmental processes to human healththreats” 

No hay comentarios:

Publicar un comentario