SLIDER

domingo, 28 de junio de 2015

Desarrollan un fármaco que mata al parásito de la malaria con una dosis por menos de un euro


A revista Nature presentouse esta semana un novo composto que pode matar o parasito que causa a malaria
O fármaco, que probou a súa eficacia en ratos, requirirá unha única dose, terá un custo de menos dun euro e reducirá a transmisión da enfermidade, segundo os autores do estudo.

O traballo, que estivo liderado polo equipo do profesor Ian H.Gilbert do departamento de química biolóxica da Universidade de Dundee (Reino Unido), contou coa participación de investigadores españois da multinacional farmacéutica Glaxo Smith Kline (GSK).

Na localidade madrileña de Tres Cantos, a empresa ten unha unidade de malaria que opera dentro do Centro de Investigación de Enfermidades de Países en Desenvolvemento (DDW, polas súas siglas en inglés). 
Un grupo desta división colaborou noutro recente estudo dunha nova clase de compostos contra a malaria chamados pyrazoleamides, publicado en novembro en Nature Communications.


Segundo explica a Sinc Javier Gamo, director da unidade de malaria, a nova molécula, denominada DDD107498, "ten un mecanismo de acción novidoso e actúa eliminando os parasitos Plasmodium falciparum -causantes da enfermidade- mediante a inhibición da síntese de proteínas".

No hay comentarios:

Publicar un comentario