SLIDER

sábado, 6 de junio de 2015

Teoría do Equilibrio Puntuado. Bioloxía 4º ESO

A teoría do Equilibrio Puntuado baseouse en que na historia da Terra hai épocas de estabilidade nas que as especies non sofren aparentes modificacións e, en cambio, noutros períodos de curta duración se producen visibles transformacións e novas especies a partir das existentes.

Con esta teoría cuestionáronse as pautas evolutivas seguidas ata o momento, dando unha explicación ao suposto "elo perdido" que se ilustraba no proceso lineal. Afirmaron que a ausencia de pasos intermedios no rexistro fósil non se debe a que sexa incompleto, senón que, ás veces, a evolución avanza rápidamente.


No hay comentarios:

Publicar un comentario