Un grupo de investigadores da Universidade de Illinois desenvolveu unha cámara dixital coa capacidade de imitar a estrutura curva do ollo composto dun insecto, en concreto, ao dunha formiga vermella. Ao contar cun campo visual máis amplo, estas cámaras serían especialmente útiles en aplicacións de vixilancia ou en sesións de endoscopia.
Para comprender mellor o funcionamento desta novidosa cámara, primeiro hai que ter unha mellor idea sobre o funcionamento do ollo nun insecto.
O ollo composto está formado por unha gran cantidade de unidades (depende do insecto) coñecidas como omatidios. Cada un destes omatidios ten a súa propia córnea e cono cristalino, transmitindo a luz a través do rabdoma.
En termos máis sinxelos, o omatidio ten a aparencia dunha canalización. Os omatidios tenden a ser hexagonais, e son preto de dez veces máis longos que anchos, unha vez máis dependendo do insecto, aínda que tamén hai crustáceos con ollos compostos, como o caso da gamba barbantesa (bastante coñecida polo seu carácter combativo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario