viernes, 10 de mayo de 2013
Celacanto: o peixe que non necesita evolucionar
Un equipo internacional de investigadores secuenciado o seu xenoma, cuxo estudo preliminar confirmou o que moitos científicos xa sospeitaban: os seus xenes evolucionaron máis lentamente que os doutros peixes e vertebrados terrestres. As súas características publícanse esta semana na revista 'Nature'.
Segundo sosteñen os autores deste estudo, se este peixe evolucionou tan pouco é simplemente porque non o necesitou. A especie que habita na costa oriental africana vive nas profundidades do océano, en zonas estables que cambiaron moi pouco nos últimos milenios.
De feito o aspecto do celacanto é moi similar ao dos fósiles dos seus parentes de 300 millóns de anos de antigüidade, pero tamén posúe características comúns cos tetrápodos, animais con catro extremidades entre os que se encontran os anfibios, os réptiles, as aves e os mamíferos. Tamén contan con aletas lobuladas os dipnoosou peixes pulmonados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario